Continúan os cambios no máximo organismo internacional do atletismo logo de que Sebastian Coe accedera a súa presidencia fai preto de catro anos.
Un dos máis “radicais” sería o que se produciría o pasado mes de outubro, onde se aprobaría o cambio de denominación e imaxe corporativa pasando de ser IAAF, termo en inglés de Asociación Internacional de Federacións de Atletismo, a ser World Athletics. Os cambios que contarían con certa oposición por parte dalgúns delegados, serían finalmente aprobados.
A IAAF foi fundada en 1912 co nome de Federación Internacional de Atletismo Amateur, modificando no ano 2001 a súa denominación onde seguiría conservando as mesmas siglas, malia que suprimindo o termo “amateur”.
O World Athletics é o órgano de goberno do atletismo a nivel mundial estando formado por máis de 214 federacións o que a convirten pola súa tradición, importancia e historia, nunha das máis importante do mundo.