Resultados

Alerta por temporal

A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE RECOMENDA SUSPENDER A PARTIR DE MAÑÁ AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE EN TODA A COMUNIDADE E ESPECIALMENTE NO NOROESTE DA CORUÑA E NA MARIÑA

  • A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará a todo o litoral galego a partir de mañá. Dende as 6,00 horas de mañá actívase alerta laranxa en toda a comunidade por ventos que poden acadar refachos de 100 km/h e de 140 km/h no noroeste da Coruña e na Mariña Lucense

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará a todo o litoral galego a partir de mañá. Tamén estará activa a alerta vermella por ventos no noroeste da Coruña e na Mariña Lucense, a partir de primeiras horas da tarde. Ademais, dende as 6,00 horas de mañá actívase alerta laranxa en toda a comunidade por ventos do suroeste que poden acadar refachos de 100 km/h. A partir das 15,00 horas, prévese a alerta vermella por vento no noroeste da Coruña e na Mariña, onde os refachos poderán acadar os 140 kilómetros por hora.

Por este motivo, desde a Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre nas zonas afectadas.

A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.

No caso de precisar información máis puntual ou detallada, débese chamar ao Centro integrado de Atención de Emerxencias 112 Galicia, ou consultar a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

Compartir: