A Federación Galega de Atletismo segindo as normas que determinan os artigos 18º e 22º dos Estatutos da propia Federación Galega de Atletismo convoca para o sábado 28 de decembro as 17.00 horas (en segunda convocatoria) no Parador dos Reis Católicos de Compostela a Asemblea Xeral Ordinaria cos seguintes puntos do día:
- Saúdo e benvida do Presidente da FGA.
- Aprobación se procede da acta da asamblea anterior
- Informe do Presidente da FGA.
- Informe do Comité Galego de Xuíces da FGA
- Informe do Secretario Xeral da FGA
- Informe da Dirección Técnica da FGA
- Estudo e aprobación, se procede, do Calendario de Competicións e normas técnicas da tempada 2020.
- Aprobación, se procede, da liquidación definitiva do ano 2018.
- Aprobación, se procede, da liquidación provisional do ano 2019.
- Ratificación, se procede, da normativa de licenzas 2020 aprobada pola Comisión Delegada da Asemblea Xeral.
- Aprobación, se procede, do proxecto de orzamento para o ano 2020.
- Aprobación, se procede, do Plan Galego de Tecnificación 2020.
- Aprobación, se procede, do protocolo contra o acoso sexual.
- Aprobación, se procede, das propostas de melloras sobre os recintos atléticos en Galicia.
- Estudo e debate das propostas presentadas polos/as asembleístas e Órganos de Goberno da FGA.
- Rogos e cuestións dos membros da Asemblea.
Convocatoria das distintas Comisións de traballo
Do mesmo modo convócanse previamente ás diferentes comisións de traballo para o estudo e debate das propostas presentadas polos/as asembleístas e Órganos de Goberno da FGA á Asemblea Xeral Ordinaria.
Os integrantes destas comisións están chamados o día 28 as 15.30 horas no Hostal Reis Católicos en Compostela