Lisboa e Boston marcaron a atención esta fin de semana

Campionato de Europa de Campo a Través 

Os nosos tres atletas que competían nesta fin de semana no Campionato de Europa de Campo a través, non poideron desta vez regresar con ningunha medalla que engadir a ese total de vinte e unha que tanto no colectivo como no individual, ten acado o atletismo galego ó longo destas vinte seis edicións.

Solange Pereira quen tomaba parte no equipo de relevos mixto defendendo o título colleitado o ano pasado en Tilburg, terían que conformase nesta ocasión ca cuarta posición da xeral. Logo das dúas últimas edicións onde sempre estarían en postos de podio, sería o equipo inglés quen se proclamara campión seguido por Bielorusia e Francia.

Pola súa banda Tariku Novales tampouco puido revalidar o podio Sub23 do ano pasado cando xunto a Adri Ben conseguirían o bronce. Nesta ocasión sería trixésimo cuarto ocupando España a quinta posición.

Por último Uxía Pérez, quen regresaba a un europeo de cros, cumpliría co seu trixésimo posto da clasificación xeral dun total de oitenta e cinco participantes, e que permitiría o conxunto hispano lograr a quinta praza por equipos

Carmela Cardama avisa

Fantásticas novas as que nos chegan dende o outro lado de Atlántico relacionadas cas nosas atletas que se atopan cursando estudos nas distintas Universidades norteamericanas.

Si fai uns días falabamos do récord galego absoluto e Sub23 de pista cuberta de Claudia Rojo na proba de heptathlon con 3.754 puntos desenvolta en Wichita, o pasado día 7 a atleta do Comesaña Sporting Club Carmela Cardama, acadaría na Sharon Colyear-Danville da Universidad de Boston durante a disputa da proba dos 5.000 m. un rexistro de 15:25.41 que representa un novo récord de España desta distancia “no oficial” do programa de pista cuberta.

Da mesma maneira durante esta fin de semana establecería varios rexistros moi destacados tanto na proba dos 3.000 m. con 9:15.92 (que a poñen a un paso do récord galego sub23 e absoluto de María Abel de 9:15.53 do ano 1996) como os 6:08.49 nos 2.000 m. ambas excelentes credencias cas que dar comezo esta tempada invernal.

Compartir: