Normativa do uso da Pista Cuberta de Ourense 2019 – 2020

Aprobada a normativa que regula os adestramentos na Pista Cuberta de Ourense para as nosas e nosos atletas. Como consecuencia do relevo producido á fronte de Expourense, vaise prolongar o mesmo sistema empregado ata  o de agora, establecéndose o seguinte protocolo:

Os Clubs ou persoas físicas federadas que queiran adestrar na pista de atletismo, no horario fixado no regulamento (de luns a venres de 17:00 a 21:30 e sábados e domingos de 10:00 a 14:00), terán que facer unha solicitude previa á Federación Galega de Atletismo con dous días de antelación ó uso da pista, enviando un correo electrónico a secretaria@atletismo.gal  que comprobará a condición de atleta federado/a.

As solicitudes para os adestramentos en fins de semana terán que ser remitidas con data límite o xoves anterior antes das 20:00 horas ó mesmo correo da FGA.

Débese ter en conta que a instalación non conta con ningún material dispoñible de adestramento nestes intres.

Importante: A pista abrirá do 25 de novembro ao 19 de xaneiro (ambos incluídos) e dende o 20 de febreiro ata o 30 de abril (ambos incluídos). Sempre que non haxa competicións nos días selecionados polos grupos/atletas.

A Pista permanecerá pechada os días: 24, 25 e 31 de decembro do 2019 e os días 1 e 6 de xaneiro do 2020.

Modelo de solicitude uso Pista Cuberta de Ourense (word)

 

Compartir: