Resultados

Cita co autonómico de marcha en A Pobra

Preto de cento cincuenta marchadores/as tomarán parte nesta fin de semana no XVII Campionato de Galicia de inverno de Marcha en pista que se desenvolverá a partir das 10.45 horas nas instalacións atléticas do Concello da Pobra do Caramiñal.

O campionato que se encontra reservado para as categorías de Sub10 ata a Máster, contará ca figura da marchadora internacional Antía Chamosa como clara favorita ó título. Lembramos que este ano vén de conseguir un extraordinario 5º posto no Campionato de Europa Sub23 que se desenvolvería  en Gävle sobre os 20 km. Xunto ela tanto tanto Iria Rivas como Carmen Escariz parten a priori como favoritas a estar no podio.

Xa na categoría masculina Daniel Chamosa será o rival a batir por parte do atleta máster Juán Morales quen intentará repetir a excelente tempada pasada que o levaría a acadar o subcampionato de Europa e o Campionato de España da súa categoría. Roberto Vieiro que se atopa estudando a carreira de mediciña en Barcelona (e que limitará moito as súas actuacións en Galicia)  e a prematura retirada de Brais Prieto, deixarán certa orfandade tanto neste campionato como neste sector ó longo desta tempada.

A FGA aposta polos Campionatos Galegos

Galicia é unha das poucas Federacións que “repite” este campionato xa que ca ampliación da tempada, moitas territoriais tomaron a decisión de non organizalo argumentando a xa celebración e disputa do mesmo.  Por elo marchadores e marchadoras de distintas federacións amosaron o seu interese en tomar parte na edición de A Pobra cursando sendas solicitudes de autorización.

Por outra banda a disputa do Campionato Galego, servirá para o desenvolvemento de varias probas de control organizadas pola Delegación da FGA en Santiago e pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.

Foto de José Suárez/Mónica Tesouro

Compartir: