Resultados

A Liga ABANCA continúa esta fin de semana

Continúa esta fin de semana as distintas fases da Liga ABANCA de menores logo de que O Barco de Valdeorras inaugurase o pasado dia 23 esta oitava edición congregando a máis dun cento de atletas nas pistas de Calabagueiros

Desta vez serán as pistas da Universidade da Coruña quenes o sábado xunten ós distintos equipos da zona Coruña-Ferrol nun encontro que dará comezo as 10.00 horas e no que toman parte os conxuntos do C.A.Sada, C.A.Bergondo, C.A.Narón, C.A.Carballo, Marineda At., Riazor Coruña, Coruña Comarca, Compañía de María e La Mochila del Deporte.

Xa no domingo será Vilagarcía de Arousa quen celebre partir das 10.00 horas esta xornada do grupo da zona de Vigo-Pontevedra, onde tomarán parte preto de catrocentos atletas en representación dos equipos de C.D. Pinarium, A. Vila de Cangas, A.D.CAR.,  S.G.Pontevedra, A.A.Mazí, R.C.Celta, A.F. Celta, C.A.Cambados, C.C.Corbelo, A.Val Miñor e A.Samertolameu.

As seguintes citas serán o sábado día 9 cas compiticións correspondentes a Pereiro de Aguiar, Pontevedra e a Pobra.

Fase da Coruña

Fase de Vilagarcía

 

 

Compartir: