Continúan as roldas de debate que a Federación Galega de Atletismo está levando a cabo polos distintos núcleos e zonas atléticas da nosa comunidade logo de que o pasado día 2 de outubro deran comezo en Pontevedra. En concreto este mércores 16 de outubro as 20.00 horas no Comedor Universitario Cadarso de Santiago de Compostela, estarán presentes no mesmo o Presidente da FGA Isidoro Hornillos, o Secretario Xeral e Director Técnico Carlos Castro, o Secretario Técnico Julio Santiago e o Delegado da FGA en Santiago, Iván Sanmartín.
O obxecto desta serie de xuntanzas que se levarán a cabo por todas as delegacións, é a de explicar a todos os estementos atléticos locais que se queiran achegar, os distintos apartados do Plan Extratéxico 2019-200 e que contempla as actividades e programacións que se desenvolverán, o calendario de compiticións, as novidades para esta tempada (…) e cantos asuntos importantes ou de interese preocupen.