Novo posto de finalista nun mundial para Ana Peleteiro

De novo Ana Peleteiro conseguiría no día de hoxe un posto de finalista nun campionato do mundo como xa fixera hai dous anos en Londres. Nesta ocasión melloraría a sétima posición conseguida na capital británica ó ocupar o sexto lugar cun mellor salto de 14.27 m.

O posto da riveirense conseguido hoxe en Doha confirma a excelente traxectoria que mantivo ó longo deste ano no que logrou o récord de España absoluto con 14.73 m., así como o título de Campioa de Europa de pista cuberta. A pesar de todo iso, a saltadora internacional manifestaba o seu sabor “agridoce” xa que unhas molestias no pé de batida fixeron que non puidese estar a render plenamente na final.

O concurso da nosa triplista daría comezo co seu mellor salto de 14.47 m., que daría paso a un segundo de 13.41 m. e un nulo. Co pase á final xa asegurado, plantábase no cuarto intento con 14.27 na quinta posición das participantes, perdendo un posto nos dous últimos intentos onde non pasaría dos 14.20 m. a mans da colombiana Ibarguen quen remataría sendo bronce con 14.73

A proba sería gañada pola venezolana e clara favorita Yulimar Rojas con 15.37 m. sendo a prata para xamaicana Ricketts con 14.92 m.

Resultados

Compartir: