Grazas Adri

Hoxe era un día moi especial para Adrián Ben. Como si dun soño se tratara, por méritos propios este viveirense de apenas 21 anos plantábase en toda unha final mundialista na proba dos 800 m.

Tan preto e tan lonxe quedaba aquel rapaz que daba os seus primeiros pasos por este mundo ca mente posta en disfrutar do que máis lle gustaba, correr.  Poucos podían imaxinar que o neno de ollos grandes e de expresión chea de luz e expresividade, que un día imaxinou estar na elite mundial e que apostou convencido do que quería, podería chegar tan cedo a cumplir parte do seu soño.

En apenas un ano, conseguía debutar ca selección española en todo un mundial acadando o logro de estar nunha final mundialista, non sin antes pulverizar o seu rexistro personal con 1:44.97 que ademáis supón a mínima para estar nos Xogos Olímpicos, un novo récord galego e unha das marcas máis notorias deste proba no noso país.

A final de hoxe era o de menos, hoxe tocaba disfrutar, tocaba saborear a recompensa de tanto traballo, de tanto esforzo e de tanto sacrificio. O atletismo é un deporte duro que moitas veces non é xusto, nin atende á méritos, malia que neste caso si serviría para confirmar e reafirmar a Adrián Ben como un atleta de talento innato que acaba de inscribir o seu apelido na elite mundial e que chega para quedarse e seguir facendo historia.

Os seus 1:45.58 na final de hoxe danlle o sexto posto e a súa segunda MMP de sempre, pero sobre todo danlle a capacidade de seguir crendo e seguir loitando para encarar novos retos e metas.

Resultados

Compartir: