O sábado 21 de setembro, as 16:00 horas, na sala de Residencia Universitaria Monte da Condesa en Santiago de Compostela, reunirase a Xunta Directiva do Comité Galego de Xuíces.
Entre outros temas a tratar, están a elección da Placa Ramón Docal, a organización do Campionato de España de Pista Cuberta, os exames de acceso a xuíz nivel 1, 2 e 3, os vindeiros seminarios do CNJ.