A Federación Galega de Atletismo acaba de poñer en marcha para este periodo o Plan de Acción Institucional a través do cal preténdese acadar diferentes vías de acción conxuntas cas distintas Administracións Locais e Provinciais da nosa comunidade. O obxectivo non é outro que o de promocionar a activiadade fisico-deportiva e hábitos de vida saudables a través dun enfoque multidireccional que tamén revirta sobre o tecido atlético.
O longo deste ano e sucesivos, irase entablando contactos coa totalidade de Concellos galegos de maneira progresiva, poñendo a súa disposición os seguintes aspectos:
- Promoción do Atletismo en diferentes eidos.
- Promoción e divulgación de diferentes actividades nos Concellos en relación ó deporte en xeral e ó Atletismo en particular.
- Creación de Escolas Deportivas Municipais de Atletismo, así como a posta en funcionamento de clubes deportivos.
- Asesoramento e participación en diferentes iniciativas de interese como charlas, coloquios e demais acerca de hábitos saudables, nutrición ou alimentación, entre outros.
- Participación conxunta en accións para o fomento da formación e empregabilidade.
- Divulgación de accións de interese en clave municipal e que teñan un interese xeral.
- Desenvolvemento de accións en prol da normalización e inclusión en relación á atención á diversidade.
- Fomento de iniciativas en prol de acadar a igualdade na nosa sociedade.O
- Outros aspectos que poidan ser de relevancia.
Por todo elo, poñemos a disposición o mail de vice.institucional@atletismo.gal coa finalidade de colaborar con vós en todo aquelo que sexa necesario para o desenvolvemento deste Plan dentro do voso ámbito de acción.