Veteranía e mocidade nuns lanzamentos en contínua evolución

Seguimos a falar das/os atletas galegos e galegas que tomarán parte esta fin de semana nos campionatos de España absolutos, e na que nesta ocasión centrarémonos nos lanzamentos.

O sector dos  lanzamentos é o que aporta ó noso deporte o maior número de medallas en todos os Campionatos nacionais absolutos desenvoltos. Da súa importancia,  fala o feito de ser a nosa comunidade berce dalgúns dos/as atletas máis importantes e lexendarios da especialidade a nivel nacional.

Veteranía e mocidade mistúranse neste sector

Comezando pola presenza de galegos, atopamos no concurso de disco a todo un referente mundial. O pentaolímpico Frank Casañas tomará parte nesta edición ca quinta mellor marca dos participantes de 58.78 m. o que deseguro non lle impedirá estar a loitar por un dos postos de honra na súa proba.

Non menos importante é a presencia de Belén Toimil que pouco a pouco vai recuperando sensacións logo dunha difícil lesión que a mantería impedida nesta tempada. A sempre competitiva lanzadora de Mugardos, acude cunha marca de 16.56 m. superada tan só pola clara favorita o título, a murciana Úrsula Rúiz.

No martelo actuará Carlos Revuelta quen acude con 61.52 m. e a sétima mellor marca de participantes. O  barquense encara esta proba como unha importante ocasión para mellorar a súa marca do ano. Na mesma proba, pero na categoría feminina, a campioa de España Sub18 do Celta, Irene Gómez, sigue sumando centímetros na súa importante  progresión. Acude a Alacante ca sexta mellor marca das participantes (57,41 m.) disposta a todo nun campionato onde se postula na elite nacional.

Na xavelina masculina, referente nos últimos  lustros, tan só contará ca participación de Manolo Uriz quen malia non estar o cento por cento das súas capacidades físicas si estará lanzando en Alacante. Todo o contrario acontece cas mulleres onde acuden nada menos que catro lanzadoras.

A actual campioa de España Lidia Parada concursará nestos campionatos cun rexistro de 52.73 m. logo dunha tempada algo irregular que lle impediría estar ó seu nivel. En calquer caso a súa enorme calidade e veteranía farán dela unhas das favoritas ó título.

A astuariana con ficha por Galicia Carmen Sánchez Parrondo, conta con serias aspiracións  de podio logo de lanzar este ano ata os 53.00 m. (MMP) que a sitúan como a segunda mellor marca das participantes.

Atención á Sub23 da Gimnástica Andrea González quen acude con 50.78 (MMP) grazas a ter mellorado en máis de tres metros a súa MMP esta tempada e de quedar o ano pasado ás portas das medallas. Motivación e calidade non lle falta a esta lanzadora que volvería a ser chamada pola Selección Nacional Sub23 este ano.

Por último todo un luxo contar cun dos  referente na historia da xavelina: Feliea Tilea. A catro veces olímpica (entre outros  títulos europeos e récords mundiais en categoría máster) estará lanzando no que son os seus enésimos campionatos de España e onde a súa simple presenza xa é motivo de admiración. Parte cun rexistro de 43.92 m.

Compartir: