Continuamos analizando os distintos sectores onde os nosos/as atletas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España absoluto, centrándonos no día de hoxe no sector dos saltos cuxo medre, sería moi notorio nos últimos tempos.
Esta especialidade pasou nos últimos anos a ser un importante referente para o noso deporte grazas, en parte, a irrupción de atletas instaladas na elite mundial como Ana Peleteiro. A súa proxección deportiva e mediática, puxo en valor esta modalidade contribuindo a todo elo a non menos importante calidade e logros deportivos tanto do olímpico Jean Marie Okutu como de Saleta Fernández ou Leticia Gil, todos e todas eles presentes no nacional absluto desta fin de semana.
Importantes opcións de medallas
Comezando polo concurso de triplo, a indiscutible favorita é a Campioa de Europa de Pista Cuberta Ana Peleteiro, que este ano e nesa final continental, saltaría ata os 14.73 m. o que ata día de hoxe representa a súa MMP. Os 14.59 m. acadados recentemente en Paris ó aire libre, fan presaxiar un bo campionato para a de Riveira quen podería tomalo como test de cara ó seu principal obxectivo da tempada, os Mundiais de Doha.
Outra das probas importantes será o concurso de altura feminina ca participación da monfortina Sub23 Saleta Fernández quen o pasado mes de xuño en Tarragona logrou a súa MMP con 1.87 m. que fan dela a clara favorita da proba. A saltadora galega e gañadora do nacional de pista cuberta, intentará sumar o seu primeiro título nacional absoluto de aire libre no seu palmarés
O foso de lonxitude centrará as miradas de todos os afeccionados /as ó atletismo xa que dous atletas serán os que aspiran ó título nacional: Leticia Gil e Jean Marie Okutu
A saltadora de Valdeorras ven ca segunda mellor marca das participantes de 6.39 m. (MMP) tan só superada pola valenciá Fatia Diame con 6.60 m. Os seus problemas de comezo de temporada paracen xa superados polo que se agarda a mellor versión da saltadora que este ano acadaría a internacionalidade en Lisboa.
Do olímpico Jean Marie Okutu, pouco podemos decir respecto diso. O seu palmarés no últimos dous lustros correspondentes ós Campionatos de España é impresionante: acadaría medallas en todos eles sendo campión nos anos 2009, 2011, 2013, 2016, 2017 e 2018; subcampión nos anos 2012, 2014 e 2015 e bronce no 2010. En Alacante tentará seguir facendo historia subindo novamente ó podio nunha proba na que parte ca quinta mellor marca de 7.63 m.
Foto de: Fotocarlosgrafias.com