Resultados

Os logros do atletismo galego falan feminino

La Nucía será escenario esta fin de semana da edición número sesenta e dous correspondente ós Campionatos de España de Atletismo Absolutos.

Ó longo de todas estas edicións, moitos/as teñen sido as/os atletas galegas/os quenes tomarían parte nos mesmos. De todos eles tan só algúns tiveron o privilexio de subir ó podio e experimentar esa indescritible sensación de formar parte dunha elite moi selecta, pero por riba de todos eles, atópase un reducido grupo de deportistas quenes polos seus logros e resultados entraron a formar parte da historia viva deste evento deportivo.

Imos precisamente centrarnos neles/as e dar un repaso ó numero de medallistas galegas/os que nestes anos teñen acadado como mínimo cinco títulos nos campionatos de España absolutos de aire libre excluindo desta relación, os Campionatos de España de relevos, ruta e marcha e lanzamentos de inverno.

Para comezar, a atleta viguesa Luisa María García Pena, con quince medallas de ouro, encabeza a lista na relación de atletas galegos e galegas con máis títulos nuns campionatos de España . Dela serían os ouros nos campionatos de España de lanzamento de disco (1964 ó 1967,1969 e1972) peso (do 1964 ó 1967) e xavelina (1963 ó 1967). Desta importante figura (e non de todo coñecida) pódese decir que foi o primeiro gran referente do atletismo galego feminino, dominando, na década dos anos sesenta, o sector dos lanzamentos onde chegaría a contar cos récords de España de peso, disco e xavelina.  Sería da mesma maneira capatina da selección nacional ca que actuaría en seis ocasións.

Outras das míticas do atletismo galego Josefina Salgado con doce medallas de ouro, sigue na lista nesta relación. Dela  serían os tres títulos na proba dos 200 m. dos anos 1970, 1971 e 1974; seis títulos nos 400 m. nos anos 1966/67/68, 1970/71 e 1973; dous os 800 m. nos anos 1967 e 1973 e un na lonxitude no ano 1974. Todo un referente do atletismo feminino quen nos anos 60 e 70 acadaría as plusmarcas nacionais de 200 m.; 400 m.; 800 m.; 400 valos así como de relevos 4×400 e de 3×800 metros o que lle valería para ser internacional en quince ocasións.

Ángeles Barreiro é con once títulos a atleta que continúa nesta relación. Os seus éxitos virían da man do concurso de disco nos anos 1985 ó 1992 e nos anos 1994 a 1996. Detrás da coruñesa atópase outro lanzador de disco,  David Martínez quen na década dos anos noventa sería o gran dominador da proba o que lle permitiu acadar dez títulos: 1987 ó 1992, de 1994 ó 1996, 2000. Sen sair dos lanzamentos e compartindo igual número de ouros e de importancia atopamos a Gustavo Dacal,  campión de España nos anos 1999, 2000 e do 2002 ó 2009.

Estela Estevéz sitúase nesta relación cun total de oito trofeos nacionais gañados nos anos 1989/90 e 1993/94 nos 3000 m. e nos anos 1989 ó 1992 sobre os 5.000 m.

Continuando cos galegos e galegas nesa relación, atopámonos con outro dos importantes do noso deporte, o vigués Javier Álvarez Salgado quen conseguiría un total de sete títulos: cinco ouros nos 5.000 nos anos 1966 ó 1968 e 1972,1973 e dous nos 3.000 obstáculos 1965 e 1966. O cántabro de nacemento pero galego de formación Julián Sotelo, estaría tamén sete veces no podio na proba de xavelina nos anos 1986, 1988, 1990 ó 1992, 1994 e 1995.

Ramón Magariños con tres ouros nos 100 m.(1967 ó 1969); dous nos 200 m. (1968/69) e un nos 400 m. no ano 1966, así como David Gómez en combinadas (2004, 2007/08, 2011,2012 e 2013) figuran de igual modo nese grupo de históricos. Outro dos referentes do deporte feminino galego Julia Vaquero gañaría tanto as probas dos 3.000 m. (1991 e 1992 ) como a dos  5.000 m. (1993 e 1996) para rematar sobre a dos 10.000 m. no ano 1998

Por último e pechando esta lista con cinco figuran Alejandro Gómez nos 10.000 m. (1989, 1991, 1993,1995/96); Marta Miguez na xavelina (1998 ó 2002) e Jean Merie Okutu, na lonxitude (2009, 2011, 2013, 2016 ó 2018)

Na foto, Luisa María García Pena, a atleta con máis títulos de campionatos nacionais (15)

Compartir: