En apenas dez días desenvolverase a gran cita do atletismo nacional como é a celebración dos Campionatos de España Absolutos de Atletismo, á que acuden un importante número de atletas galegas/os con importantes aspiracións.
Son moitas e moi variadas as metas e obxectivos que cada un dos galegos e galegas que tomen parte en Alacante terán en mente. Nalgúns dos casos o mero feito de estar presente nesta importante cita xa é motivo de satisfación, outros aproveitarán a oportunidade para poder rematar prácticamente a tempada de verán acadando algún bo rexistro ou resultado, e outros, os poucos, aspirarán a estar nos postos de podio reservado só a unha elite moi selecta.
Unha década de bos resultados
Na última década ó numero total de medallas acadadas foi de 84 ( 27 ouros, 39 pratas e 18 bronces) sendo a media superior a oito en cada edición. Especialmente positivas serían as edicións do ano 2012 en Pamplona e Gijón 2016, onde se voltaría cun total de dez metais.
Entre os atletas con máis medallas nestos dous lustros, destaca a do olímpico Jean Marie Okutu que estaría presente no podio en todas e cada unha das edicións gañando os títulos nacionais nos anos 2009, 2011, 2013, 2016, 2017 e 2018. Do mesmo modo sería prata no 2012, 2014,2015 e bronce no 2010. Detrás do pontevedrés sitúanse con sete cada un Isaac Vicente Landín no concurso de martelo (un ouro e seis pratas) e o pentaolímpico Frank Casañas quen con catro ouros e tres de bronce, convértese no que máis títulos nacionais acadaría neste período.
Na categoría feminina é Belén Toimil a que máis medallas acumula cun total de oito ( seis pratas e dous bronces) seguida de Solange Pereira con seis, dous de cada metal.
Precisamente Belén Toimil no ano 2012 nos concursos de peso e disco en Pamplona e Mauro Triana no 100 m. e nos 200 m. no ano 2016 en Gijón, serían os únicos que subirían por dúas veces ó podio en probas individuais, acadando en ambos casos a medalla de bronce
Por sectores son os concursos de lanzamentos (12 ouros, 23 pratas e 7 bronces) seguidos dos saltos ( 9 ouros, 6 pratas e 1 bronce) quenes acaparan a maior parte do medalleiro. Tras deles sitúase o medio fondo, fondo e velocidade, para rematar con combinadas, valos e marcha.