Andrés Anxo Pérez, Xuíz Nivel 2 da Delegación de Santiago, foi designado como Xuíz Acompañante da Selección Galega que acudirá ó Campionato de España de Federacións Autonómicas que se celebra en Pamplona o 27 de Xullo.
A súa labor consiste en integrarse no equipo de oficiais e poñerse o dispor do Xefe de Equipo para colaborar nas tarefas que lle sexan encomendadas.
Prestará especial atención ás situacións nas que a súa colaboración poda ser determinante (como especialista no coñecemento de normas e procedementos) como poden ser a presentación de calquera tipo de reclamación.