Arrincaría esta mañá a primeira das dúas xornadas correspondente ó Campionato de Galicia Absoluto con participacións destacadas.
A primeira delas viría da marcha na que a flamante finalista do último Campionato de Europa Sub20 Antía Chamosa imporíase na súa proba cun rexistro de 23:14.05. A categoría masculina Dani Chamosa da Gimnástica, faría bos os pronósticos gañando de igual modo sobre a súa distancia con 20:56.59.
Os concursos de lanzamentos adquirirían notoriedade da man do heptaolímpico Frank Casañas o cal acadaría o ouro cun lanzamento no disco de 54.07 m. correspondendo o título autonómico de peso unha edición máis, ó atleta máis laureado en activo do atletismo galego, Víctor Gallego con 15.72 m. Todo un luxo contar con estas dúas lendas do noso deporte.
No martelo feminino campionato para Patricia Correa da Gimnástica con 44.08 m. nunha proba aberta a participación de atletas extranxeiras na que a primeira posición correspondería á inglesa Jessica Mayhoa con 64.23 m.
Paula Piñón do A.F. Celta lanzaría o disco ata os 37. 12 m. correspondendo o triunfo no concurso de altura para Raúl Cortizo da Gimnástica quen chegaría ata os 1.94 m.
Raquel Villa do A.F. Celta lanzaría no seu primeiro intento ata os 11.83 m. no concurso de peso que lle permitirían subirse no máis alto do podio.
A pértega feminina Bea Viteri do A.F. Celta, suma e sigue sumando títulos autonómicos que fan dela a muller con máis ouros de todas as participantes con sete, logo de saltar no día de hoxe 3.72 m.
Os 5.000 m. darían o primeiro posto dunha interesante carreira a Manuel Hurtado quen compaxina as mil maravillas as súas tarefas de adestrador cas de atleta de primeiro nivel, marcando nesta proba 14:35.03. Na categoría feminina o título foi para a favorita Uxía Pérez quen domiñaría con autoridade a proba rematando en 17:02.34.
Nos 800 m. e con Elian Numa e Raquel Meaños nos Europeos Sub20, serían Eugenía Gil da Gimnástica con 2:16.06 e Fernando Vales do C.A. Santiago con 1:51.90 os protagonistas da distancia.
A lonxitude sería gañada por Pablo Modia do Lucus CRG, cun bo rexistro de 7.10 m. e na que tanto Raúl Cortizo con 7.05 m. como David Ferrer con 7.01 m. estarían por riba dos sete metros.
Por último, as dúas finais desta mañá corresponderían os 400 valos nas que como era previsible tanto Iago Núñez do Lucus CRG con 54.46 como Claudia Rojo do Valencia Esports con 1:01.28 coparían esos primeiros postos da especialidade.
A segunda xornada arrinca ás 17.30 horas ca disputa do resto de probas e finais .