Resultados

Chega a cita máis importante do noso atletismo

Todo preparado nas pistas do CGTD de Pontevedra onde no día de mañá desenvolverase a gran cita do atletismo galego da tempada como son os seus Campionatos de Galicia na edición LII feminina e LXXXVI masculina.

A esta importante cita, e malia algunas ausencias significativas, acoden moitos das/os máis importantes atletas galegas/os do momento e no que tamén tomarán parte deportistas doutras comunidades e doutros países -moitos deles internacionais-, xa que a proba está  incluida dentro do calendario nacional.

Entre as/os confirmadas/os que estarán no sintético do CGTD, salientamos a presenza dos olímpicos Frank Casañas quen tomará parte no concurso de disco e de Felicea Tirea Ureche quen o fará sobre a xavelina. Entre estas dúas lendas do atletismo suman nada menos que nove xogos olímpicos e un palmarés deportivo moi destacado sendo a cita de mañá unha oportunidade irrepetible para velos en acción. Xunto eles estará no foso de lonxitude o tamén olímpico e plusmarquista galego absoluto Jean Marie Okutu quen intentará mellorar esos 7.63 m. do pasado Trofeo Alfonso Posada. Sen abandoar a lonxitude, a nosa tamén plusmarquista galega Leticia Gil tomará parte as 19:35 horas sobre esta interesante proba na que intentará seguir facendo historia rachando a barreira dos 6.40 m.

Seguindo co resto de probas, o internacional e plusmarquista galego absoluto Mauro Triana estará competindo tanto nos 100 m. como nos 200 m. onde acude con 10.63 e con 21.23.  Nos 400 m. interesante duelo entre Jorge Román do Celta con 49.10 e David de la Fuente do Narón con 49.19. Fernando Vales do Atletismo Santiago parte a priori como favorito nos 800 m. grazas a esos 1:51.10 o mesmo que Ivo Maseda do Lugo RC Ramos Lourés nos 1.500 m. onde acredita 3:53.49 e na que tamén figura inscrito o talentoso atleta internacional Sub18 da C.D.San Paio de A Estrada El Mehdi El Naboaui.

Interesante proba de 5.000 m.onde veremos veteranía e calidade . Lolo Penas do C.A. Pino e Rubén Diz Ourense At. serán atletas que estén na loita polo título sen esquecernos do céltico Gonzalo Basconcelo nin de Manuel Hurtado da Gimnástica.

Miguel Pérez con 14.60 nos valos curtos e Iago Núñez con 54.45 nos longos, seguirán loitando pola supremacia lucense deste sector dominado nos últimos tempos polos atletas das murallas.

Nos obstáculos Bilal Dahmouni da Atlética Lucense, intentará facer valer a súa mellor marca de 9:37.67 -e na que terá que estar moi atento ó que faga Alejo Ares do ADAS Proinor- o mesmo que Raúl Cortizo da Gimnástica en altura quen este ano chegou ata os 2.02 m. e de Miguel Cajaraville do Celta en pértega con 4.75 m.

O triplo salto estará moi aberto logo da ausencia por lesión de Palomanes entre Alexandre Barreiro de Lugo RC con 14.63 m. e Alberto Elena do Celta con 14.52 m.

Víctor Gallego en peso presumiblemente seguirá incrementando o seu impresionante palmarés, sumando máis títulos autonómicos a esa lista que fan del o atleta en activo con máis número de edicións gañadas da nosa historia.

Na xavelina Borja Barbeito que está a sair lentamente dunha lesión estará lanzando xunto ó favorito Manuel Uriz quen fora campión de España no ano 2013 e quen acude con de 65.94 m. de finais do mes pasado en Braga ambos formados e adestrando na Escola de Lanzadores da Coruña.

No martelo presenciaremos un novo e interesante duelo como xa é habitual, entre Carlos Revuelta do Marathón con 61.39 m. e Nacho Fernández do Playas con 61.04 m.

Por último na proba de marcha o internacional Dani Chamosa non debería ter problamas para acadar o título autonónimo nunha proba que domina claramente con 21:20.32

Na categoría feminina Adiaratou Iglesias do Lucus CRG parte como favorita tanto nos 100 m. como nos 200 m. onde acude con 12.26 e 24.73, malia que Claudia Torres do Ría Ferrol, quen chega con 12.27 na procura do  título autonómico no hectómetro, non porá as cousas nada doadas.

As “Paulas” dos 400 m. darán calidade a unha proba quen por tempos domina Paula Iglesias do Riazor Coruña con 54.89 seguida con 55.39 de Paula Ferreiros do Ría Ferrol.  Eugenia Gil do Ría Ferrol nos 800 m. con 2:14.90; Sara López da A.Lucense nos 1.500 m. con 4:36.67; Uxía Pérez do Playas nos 5.000 m. con 10:03.26 (si Sara López só participa nos 1.500 m.) e Sofía Fernanández do Ría Ferrol nos obstáculos con 11:00.52 paracen a priori favoritas nas súas respectivas probas.

Nos valos a internacional Claudia Rojo do Valencia Esports aspira a convertirse na campioa galega nos 100 e 400 valos, grazas ó seu liderato do ranking con 14.22 e 01:00.43.

Nos concursos Lucía Seijas da Atlética Lucense intentará sumar un novo título máis ó seu palmarés, nesta ocasión en altura, onde acude con 1.63 m. e na que haberá que seguir as evolucións tanto de Eva Queimaño do A.F. Celta como de Lucía Sánchez del Valle do Franciscanos ambas con 1.60 m. A ourensá nas ringleiras do Celta Bea Viteri parte como favorita no salto con pértega con 3.71 m. proba esta última onde concursa a Sub18 Lola Bouza do ADAS Proinor con 3.40.

Rutn Ndoumbe estará no corredor de triplo con vistas a saltar por riba dos 13.24 m. e onde teremos oportunidade de ver en acción á xoven valor da especialidade Alba Cuns do Atletismo Negreira.

No lanzamento de peso interesante man a man entre Evelyn Fernández do Narón con 11.61 m. e Raquel Villa do A.F. Celta con 11.52 m. Máis doado a priori terao Paula Piñón en disco onde con 37.84 m. domiña claramente a especialidade.

A xavelina será sen lugar a dúbidas unha das grandes atraccións xa que ademáis da participación da mencionada Felicea Tirea, tomarán parte Carmen Sánchez con 52.03 m. (4ª do ránking nacional) e a internacional Sub23 Andrea González da Gimnástica con 50.78 m. (1ª do ránking nacional Sub23)

A proba de marcha contará ca destacada presencia da flamante finalista (5ª) do Campionato de Europa Sub20 de fai unha semana Antía Chamosa quen estará aportando calidade a estos campionatos.

Guía do Campionato de Galicia Absoluto 2019

Foto Gema Figueroa

Compartir: