Os equipos femininos do Sanmertolameu na primeira división e o Club Atletismo Sada na segunda, serán os representantes galegos no Campionato de España Máster que se desenvolverá respectivamente en Málaga e na localidade madrileña de Tres Cantos este sábado 13 de xullo.
A esta cita acuden os clubs galegos logo disputa o mes pasado tanto do Campionato de Galicia en Oleiros, como a do Campionato de España en Sagunto, onde os dous equipos lograrían destacados resultados.
Neste sistema de competición na Primeira División, participan os oito equipos que gañaron a súa praza no 2018. Na Segunda División, participan os catro equipos que gañaron da mesma maneira praza no 2018, sendo o estadillo quen determinaría a presenza das catro restantes e que daría ó C.A.Sada, a posibilidade de tomar parte.
O obxectivo no colectivo das galegas será consolidar ese posto na máxima categoría e tentar estar o máis preto posible na loita polo ascenso no grupo de segunda. A nivel individual, agárdase a consecución de varios récords galegos por parte das nosas representantes.
Lembramos que o ano pasado o único equipo da nosa Comunidade en tomar parte serían as moañesas quenes ocuparon un destacado quinto lugar no encontro de Primeira División disputado en Elche.