Ca lista aínda aberta para a selección nacional do Campionato de Europa Sub20, 55 atletas galegas/os dos cales 30 son mulleres e 25 homes, serán os que compitan esta fin de semana nas pistas catalás de Granollers xunto a un total de 786 inscritos.
Por rexistros de ránking máis destacados, nas probas de velocidade Víctor Mosteiro do C.A.Santiago aspira ó podio nos 100 m. grazas os seus excelentes con 10.90 que fan que entre en todas as opcións posibles.
Nos 400 valos tanto Lucía Rivadulla do Ría Ferrol con 1:01.88 como Martín Oitavén do Riazor Coruña con 55.38 aspiran ós postos importantes para o cal deberá estar por debaixo dos seus rexistros. Igual sucede ca lucense Sara López da Escola Atlética quen tomará a saída sobre os 3.000 m. cun crono de 10:15.61 realizado na pista cuberta.
Sen lugar a dúbidas, será na proba dos 800 m. onde teremos as nosas mellores bazas ca actuación de Raquel Meaños do Valencia Esports e de Elian Numa López do Coruña Comarca. A de Biel chega ca mellor marca do ano de 2:06.62 que supón ademáis mínima de participación para os Europeos. Igual sucede co coruñés onde o pasado 20 de xuño establecería un rexistro de 1:49.11. A ferrolá do Ríaa Lucía Sicre completa a destacada presenza de atletas galegos sobre esta distancia.
Nos lanzamento de disco o celeste Nicolás García loitará por estar sobre a súa forma do mes de febreiro que lle permitiu acadar a mínima para os europeos Sub20 con 60.16 m. Nesta proba estará acompañado polo tamén atleta do Real Club Celta Marcos Bouza contando na categoría feminina ca presenza importante de Cristina Freire do AVA con 37.26 m. Continuando cos lanzamentos, interesante presenza de Yago Araujo do Celta sobre o martelo, ocupando a cuarta mellor marca dos participantes con 61.68 m. Tres postos máis abaixo con 47.55 m. estará a tamén lanzadora do A.F. Celta Patricia Correa na categoría feminina.
Na xavelina Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol acude como favorita ó título grazas ós seus 43.82 m. que a fan liderar cómodamente o ránking nacional. Sen movernos desta especialidade, Jonatas Pereira do Celta loitará por unha das medallas na xavelina onde acude con 56.80 m.
Outra das importantes posibilidades para o club vigués será a de Olaia Guisela Becerril no concurso de lonxitude, onde acredita a segunda mellor marca das participantes de 5.92 m. do pasado 15 de xuño.
Na marcha particpación tanto con Iria Rivas do Ría Ferrol como con Roberto Vieiro do C.A.Santiago sobre nos 10.000 marcha. Para rematar serán nas combinadas onde poderemos ver as evolucións no heptathlon de Eva Queimaño do A.F. Celta.