Dous importantes Campionatos de España centrarán a atención nesta intensa fin de semana ca disputa dos nacionais Sub16 en Gijón e dos Sub 20 en Granollers
Ás pistas asturianas de Las Mestas acuden esta fin de semana un total de 865 atletas de todo o Estado, dos cales 50 serán galegos (32 mulleres e 18 homes) para tomar parte na cita nacional Sub16 que se achega a súa edición décimo oitava.
Da expedición galega o máis destacado por rexistros, será a presencia de Pedro Vázquez do Real Club Celta quen lidera por ránking a proba dos 3.000 m. e onde o lucense da Escola Atlética Antón Martínez parte con serias posibilidades de estar en postos de finalista.
Nos obstáculos femininos Laura Carracedo de A Estrada loitará por acadar unha boa posición na que parte ca sétima marca das participantes.
Nos concursos, a independiente Xiana Lago xunto a Aaaron Otero do Vila de Cangas e Fernando Vallines do Maderas Barcia-Lourenzá aspiran a estar nos postos importantes no lanzamento de peso o mesmo que o coruñés do coruña comarca Nicolás Ortega no concurso de disco
Na xavelina tanto Laura Rico do Ría Ferrol – CCA como Daniel Loureiro de A Silva intentarán mellorar os seus 35.85 m. e os seus 49.06 m. que lles permitan estar nos postos de loita por medallas. Opcións importantes tamén para Marta Neira do AVA quen parte co segundo mellor rexistro das participantes no lanzamento de martelo, proba esta ultima onde tamén toma parte Blanca Pereira do Ourense Atletismo
Sen lugar a dúbidas será no concurso de triplo onde centraremos toda a nosa atención xa que concursan as líderes do ránking nacional, Diaou Diallo do Ria Ferrol – CCA con 12.25 m. e Alba Cuns do C.A. Negreira con 12.21 m. entre as que debería estar a loita polo título nacional.
Por último Lucía Sánchez del Valle do Franciscanos de Lugo competirá no héptatlon con moitas opcións de estar no podio, sendo Sofía Campos do Millaraio quen tome a saida na proba de marcha.