Esta pasada fin de semana disputáronse en Tarragona os Campionatos de España Sub23 á cal acudiron unha importante expedición de galegos e galegas que conseguiron mellorar as seis medallas do ano pasado en Soria.
Logo de dúas interesantes xornadas, acadaríanse un total de 8 medallas e a consecución dun récord galego absoluto.
Sería precisamente no concurso de altura onde unha impresionante Saleta Fernández daría un paso ó fronte nesta especialidade a nivel nacional saltando sobre 1.87 m. o que representa un novo récord galego absoluto, a mellor marca do ano e o pasaporte para acudir o Campionato de Europa Sub23.
Adrián Ben sería outro dos destacados ó acadar o título nacional na proba dos 1.500 m. cun rexistro de 4:01.21 nunha carreira táctica onde se imporía ó andaluz Ignacio Fontes quen acudía como líder do ránking nacional da proba.
Xa nos concursos, subcampionato nacional na xavelina para Andrea González da Gimnástica con 45.58 m. efectuados no seu último lanzamento quen non sería suficiente para mellorar os 46.18 da navarra Claudia Lapuerta. Malia elo a santiaguesa continúa ó fronte do ránking nacional da súa categoría con 50.78.
Nos 10.000 m. Marcha Antía Chamosa realizaría un rexistro de 48:20.00 o que lle valeu para lograr o subcampionato nacional nunha destacada tempada onde lograría o récord galego Sub23 nos Cantones da Coruña sobre os 20 km. que supuxeron a mínima de participación para acudir ós Europeos Sub23.
Tariku Novales que viña de marcar no mes de maio no IFAM Outdoor de Bélxica 13:33.08 nos 5.000 m. non foi quen de estar sobre ese rexistro nunha proba táctica que se gañaría con 14:44.88. Ó remate, un novo podio máis para o de Noia quen concluiría no terceiro lugar con 14:48.77 continuando como líder do ránking nacional.
Paula Iglesias do Riazor Coruña que recentemente estableceu o récord galego absoluto nos 200 m. con 24.64, estivo un ano máis no podio na proba dos 400 m. logrando o bronce logo de facer un crono de 55.17.
Outra das medallistas sería Claudia Rojo quen rematada por este ano a súa estancia en Wichita onde lograría o récord galego absoluto en heptathlon con 5219 puntos, tomou parte en Tarragona na proba dos 400 v. Sobre esta distancia, estableu a súa segunda mellor marca do ano con 1:00.68 o que lle permitiu acadar o metal de bronce.
Por último e xa nos relevos, o equipo do Riazor Coruña dos 4×100 femininos logrou un metal de bronce ó entrar tras o equipo madrileño do A.D. Marathon e do navarro do Grupoempleo Pamplona. As galegas marcaron un rexistro de 48.00 estando formado o cuarteto por Blanca Lorenzo, Paula Iglesias, Ana María Pajarrón e Inés Oitavén.
A maiores foron destacados os postos de finalistas logrados por David de la Fuente do A.Narón nos 800 m. onde ocupou o cuarto lugar; 5ª Claudia Puig da Gimnástica en triplo e xavelina; 6º Pedro Juncal do R.C.Celta nos 400 m.; 6º Daniel Chamosa da Gimnástica nos 10.000 marcha; 7º Equipo de relevos 4×100 masculino do Marineda Atlético; 7ª Xiana González da Gimnástica nos 200 m. e 7ª Ana Pajarrón do Riazor Coruña nos 400 valos.
Resumo galego do Campionato de España Sub23
Foto La Voz de Galicia