Cita dos Máster co seu nacional en Sagunto

Máis de dous mil oitocentos atletas tomarán parte esta fin de semana no LIV Campionato de España Máster que se desenvolverá na localidade valenciana de Sagunto. A esta importante cita, acude unha ampla representación de galegos e galegas que nun número de cento oitenta e dous representan a quinta comunidade en canto a atletas inscritos/as.

O obxetivo no colectivo será o de superar os corenta metais logrados o ano pasado, para o que estarán en competición os mellores Máster galegos do momento. Entre eles, cabe salientar a presenza de Emilia Mesa do Ourense Atetismo quen o ano pasado convertiríase na gran protagonista logo de colleitar tres ouros e dous récords galegos. A de Ourense tomará parte nesta edición en peso, disco e martelo.

Outros/as dos/as atletas destacados/as na edición anterior que tamén estarán en Sagunto serán Esther Pedrosa (F55) do Playas de Castellón, quen tomará parte sobre os 800 m. e os 1.500 m.; Miguel Gómez (M35) do Real Club Celta nos 100 m., 200 m. e 4 x 100; Rosario Sureda (F50) do Lucus Caixa Rural Galega na lonxitude, altura e 200 m.; Luz Domínguez (F55) do Burgas Ourense nos 200 m., 400 m., e 800 m.

A maiores tamén compiten os/as plusmarquistas galegos/as do ano pasado en Vitoria entre os que se atopan Miguel López Cordal (M60) do Marineda quen figura inscrito nos valos baixos e Pilar Márquiz (F65) do Club Atletismo Sada quen de igual modo sairá nos 400 m., 800 m., 1.500 m., e nos relevos 4×400 m.

Foto: Ollodexan

Compartir: