Bos rexistros no autonómico Sub14, Sub20 e Sub23

Lugo acollería esta fin de semana un intenso campionato onde os atletas das categorías Sub14, Sub20 e Sub23 disputarían o seu autonómico.

Entre a intensa actividade que se daría nas pistas do Gregorio Pérez tanto pola mañán como pola tarde, produciríanse interesantes rexistros no que sen lugar a dúbidas o máis salientable sería o récord Galego absoluto e Sub23 establecido pola atleta do Riazor Coruña Paula Iglesias quen nos 200 m. e cun rexistro de 24.64 establecería un novo tope autonómico que pon de manifesto a excelente progresión que a coruñesa está a manter.

Os 400 valos femininos terían nas atletas Claudia Rojo do Valencia Esports con 1:00.91 na Sub23 e Lucía Ribadulla do Ria Ferrol con 1:01.88 na Sub20, como as máis salientables desta proba. Fernando Rial do R.C.Celta nos 5.000 m. remataría cuns interesantes 15:01.94

Nos concursos, Andrea González da Gimnástica mandaría a xavelina ata 41.92 m. onde sería segunda a tamén Gimnástica Claudia Puig con 39.40 m. Na categoría Sub20 triunfo para a internacional Ivannna Carolina Román do Ría Ferrol con 37.73 m. Continuando cos saltos, Alexandre Barreiro do Lugo RC Ramos Lourés en triplo marcharía ata os 14.29 m. sendo no foso de lonxitude onde a céltica Olaia Guisela Becerril no seu terceiro intento acadaría os 5.80 m.

Na categoría Sub 20 interesantes serían os 25.29 de Claudia Torres do Ría Ferrol nos 200 m.ó igual que os 14.93 de Lucía Ferrer da Gimnástica nos 100 valos. Pola súa banda Ivo Maseda do Lugo RC Ramos Loures faría un notorio 800 m.que remataría con 1:55.88, dándolle tempo ademáis para tomar parte e gañar os 1.500 m. con 4:04.64.

Nos concursos, boas actuacións no martelo de Patricia Correa do A.F. Celta con 45.40 m. e de Iria Filgueira da Gimnástica con 42.54 m. ó igual que no peso para Jaime Arias do Riazor Coruña quen chegaría ata os 14.63 m. no seu quinto intento.

Na categoría Sub14 producíronse destacados rexistros como os acontecidos nos concursos onde Lisa Vosberg do AVA franqueou o listón de pértega a 2.70 m. mandando a xavelina de igual modo ata os 28.83 m. Antía Pernas do Lucus Caixa Rural Galega en triplo saltaría ata os 10.25 m. parando o crono nos 150 m. nuns destacados 19.43. No peso, título galego para Gema Dacosta do Vila de Cangas con 10.36 m.

Nas carreiras boas actuacións tanto de Adriana Rial do Samertolameu con 34.25 nos 220 valos como de Xela Marínez nos 2.000 con 6:29.6

Por último, a proba dos 2.000 marcha deixaría bos rexistros como os protagonizados pola gañadora Aldara Meilán da Atlética Lucense con 15.20.93. Bos foron tamén os 16:02.54 de María Martín do ADAS Proinor, e os 16:15.48 de Natalia Rivas do Cuntis.

Resultados Sub14

Resultados Sub20 e Sub23

Foto de Ollodexan

Compartir: