Resultados

Resultados agridoces no remate da Liga de clubs

Remataron xa  as fases e encontros de ligas por clubs tanto en Honra, como en Primeira como na Segunda División para os equipos galegos.

A diferencia do ano pasado na que celebrabamos que todos os nosos conxuntos canto menos mantiñan as súas categorías, este ano a triste nova deixaríanola o Club Atletismo Narón quen no seu encontro de permanencia na Primeira División acabaría no sétimo lugar o que fai que descenda a Segunda División. Nesa mesma categoría, tanto o Club Atletismo Santiago en homes como o ADAS Proinor en mulleres, acabarían os seus encontros de fase de ascenso á Primeira División ambos na quinta posición. As boas sensacións e sobre todo as gañas de seguir pelexando por ese ascenso serán os argumentos principais para a próxima tempada destas formacións a quen se lles unirá os naroneses.

No resto de categorías cumpríronse os pronósticos, polo que na División de Honra seguiremos contando con dous coxuntos galegos. O Ría de Ferrol  bordaría o seu octogonal logrando unha fantástica segunda posición na que tan só serían superadas polas madrileñas do A.D.Marathon. Nos homes non menos meritoria sería a actuación da Gimnástica de Pontevedra quen logo de percorrer máis de 800 km. para chegar a Córdoba, foron quen de encaixar un excelente encontro no que acadarían a terceira posición.

Na primeira división os rapazas do Atletismo Feminino Celta disfrutaron da súa merecida fase de ascenso a Honra nun encontro con moito nivel no que ocuparían a quinta posición. Pola súa banda o equipo celeste masculino,que disputaba a fase de permanencia, gañaría o seu encontro demostrando que por nivel e calidade o seu lugar é no grupo de ascenso.

Clasificación Final División de Honra

Clasificación Final Primeira División

Compartir: