Onte tivemos a sorte de poder contar ca presenza de todo un mito do atletismo mundial na nosa terra. Alberto Juantorena, bicampeón olímpico en Montreal 1976 dos 400 m. e dos 800 m,. estivo na Coruña convidado pola Federación Galega de Atletismo aproveitando a súa estancia en España.
O día, repleto de entrevistas cos medios, comezou ca recepción oficial do Concello da Coruña onde foi recibido e agasallado no salón de plenos da Cidade Herculina.
Xa pola tarde o acto principal sería o levado a cabo nunha das salas da Deputación Provincial da Coruña na que ateigada de xente, protagonizaría unha charla coloquio onde daría un repaso a varios aspectos da súa vida tanto pública como deportiva. As diferentes proxeccións, o ton destendido e aberto así como as múltiples preguntas formuladas, farían do acto un acontecemento moi enriquecedor e positivo. Durante o transcurso da mesma abriríase a seria posibilidade de que a Selección Cubana de lanzamentos prepare en Galicia (como xa fixera fai varios lustros) as súas competicións internacionais o que sen lugar a dúbidas abriría todo un abanico de posibilidades en materia de intercambios e cooperación entre o atletismo cubano e galego.
Foto “La Voz de Galicia”.