Importante campionato o vivido no día de onte nas pistas oleirenses de Bastiagueiro onde a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física acollería una nova edición do autonómico Máster de aire libre.
Ca mente posta nesa inminente celebración do Campionato de España Máster en Sagunto a fináis deste mes, acudiría un bo número de atletas tanto na procura de bos rexistros como da afinar a preparación para o estatal.
A protagonista desta cita volvería ser de novo Esther Pedrosa quen na proba dos 800 m. establecería un novo récord de España na categoría W55 logo de parar o crono en 2:31.32 mellorando os 2:32.19 que ela mesma posuía dende o 3 de marzo na pista cuberta de Ourense.
A velocidade tería en Javier Llopis do Fontes do Sar a un dos seus protagonistas xa que marcaría nos 100 m. M40 un rexistro de 11.92 que iguala o récord de Luis Campos. Nos 100 valos M60, José Manuel Guimeráns do Samertolameu cruzaría a liña de meta en con 19.59 ó mesmo que Alberto Vázquez de A Silva sobre a mesma distancia na M55 con 18.79, malia que con vento superior o permitido de +2.2
Pilar Marquiz do Sada, volvería establecer outro récord galego W65 desta vez nos 1.500 m. onde remataría con 5:35.24. Nos 3.000 obstáculos o plusmarquista mundial de pista cuberta dos 800 m. José Vicente Rioseco do Egovarros cambiaría de especialidade para establecer un novo tope cun crono de 14:43.81 na M75.
Nos lanzamentos, excelente campionato de Carlos Alberto Almudí do Durango Kirol na M45 ó acadar os récords en martelo con 50.85 m. e martelo pesado con 14.47 m.. Nesta última modalidade 7.44 m. para Irene Fernández do Atletismo Narón na W40. No disco de igual modo, 33.11 m. na M70 para Manuel Rodríguez do Real Club Celta.
Na lonxitude Alberto Vázquez de A Silva batiría o récord galego na M55 con 4.97 m. ó igual que Manuel García do ADAS Proinor na M75 quen chegou ata 2.54 m. (2.58m. ventosos) acadando ademáis o tope autonómico sobre a proba dos 200 m. con 43.65. Destacado concurso o de Basi Bernárdez de A Silva quen no foso de triplo M45 chegaría ata os 13.19 o cal parece confirmar a súa recuperación.
No concurso de altura M50, 1.67 m. para Carlos Álvarez do Samertolameu, sendo moi destacado o campionato efectuado pola atleta W55 do Lucus Caixa Rural Galega María Rosario Sureda quen establecería dúas plusmarcas autonómicas nos concursos de altura con 1.35 e de lonxitude con 4.47 m.
Na pértega Luis Manuel Eire do Universidade S.C. na M65 chegaría ata os 1.67 m, sendo este mesmo atleta o encargado de rebaixar o récord galego nos 100 valos ata deixalo en 34.64. Pola súa banda Santi Ferrer da Gimnástica saltaría sobre 2.27 m. en pértega para deixar o tope galego sobre esa altura na M60.
Por último, atracón do C.A.Sada nos relevos xa que batiría nada menos que tres plusmarcas galegas dos 4×100 m. comezando pola M50 con 59.28, W45 con 1:00.44 e na W50 con 1:05.17.
Foto de Ollodexan.