Resultados

Un futuro ilusionante

Importantes resultados das/os nosas novas atletas Sub14 que tomaron parte no Campionato de España de Soria esta fin de semana e no que salientamos, ademáis da excelente comportamento de todos/as eles/as, a medalla de prata de Elias Klein da Atlética Lucense no grupo E de tríatlon formado polas probas de 80 m., xavelina e 2.000 Marcha acadando un total de 1.409 puntos e repetindo a prata do ano pasado. O outro metal foi para Lisa Vosberg do AVA, encadrada no grupo D de tríatlon (disco, peso e 80 m.) A viguesa sumaría un total de 1.472 puntos que a facían acadar unha fantástica terceira posición neste campionato.

A maiores ocuparían postos de finalistas Aldara Meilán e Xela Martínez da Escola Atlética Lucense no sexto lugar así como Mohamed Ilyas Dahmouni do Franciscanos de Lugo, Matías Moldes da Gimnástica e Miguel Alvariño da Atlética Lucense todos eles no oitavo posto.

A nivel de relevos, na que a composición dos equipos estaba formada por atletas de distintos clubs, Alejandro Jiménez do Millaraio lograría o ouro sendo a prata nas súas distintas categorías tanto para Matías Moldes da Gimnástica como para Antía Pernas do Lucus CRG.

Por último salientamos os resultados de Xela Martínez nos 1.000 m. con 2:59.32 e de Aldara Meilán nos 2 km.marcha con 9:40.14

Campionato de Galicia Sub10 e Sub12

No tocante ó Campionato de Galicia Sub10 e Sub12 acontecido en Lugo o pasado sábado, a tónica dominante foi o excelente ambiente vivido tanto nas bancadas como nas pistas e na que a ilusión e a deportividade irían da man. O tempo que acompañaría á celebración destea cita desenvolta nas pistas do Gregorio Pérez Rivera, fixo posible de igual modo que se presenciaran momentos moi interesantes cas actuacións das/dos nosas canteiranas.

Resultados do Campionato de España Sub14

Resultados do Campionato de Galicia Sub10 e Sub12

Compartir: