Resultados

Bos resultados nos Máster e no de Combinadas

Dous interesantes campionatos de España foi a que nos deixaría o calendarío de probas nesta fin de semana

Para comezar, excelente quinto posto para a nosa Selección, no XLI Campionato de España de Federacións Autonómicas de Probas Combinadas disputado en Alhama, e na que os nosos/as rematarían cun total de 16.497 puntos.

Por parte dos galegos, Yago Boleas acadaría o sétimo posto na súa competición de decathlon Sub18 logo de sumar un total de 5.432 puntos e onde os 100 m. con 11.95 suporían a súa mellor proba. Na mesma competición pero na absoluta, Adolfo Sáinz Maza pola súa banda remataría no sexto lugar con 6.208 puntos e onde o máis salientabe sería o seu salto na lonxitude de 6.77 m.

Na categoría feminina, bo oitavo posto para Alicia Merino con 4.669 puntos, logrando correr os 100 m. en 14.70. Por último, cuarto lugar para Andrea Reija con 3.435 no heptathlon Sub18 nunha proba gañada pola representante da selección murciana. A atleta do Celta faría dos 100 v. a súa mellor proba con 16.08.

Noutro orde de cousas, disputouse no CDM de Moratalaz de Madrid o Campionato de España máster de 10.000 m., Pentathlon lanzamentos e probas combinadas onde os nosos e nosas representantes voltarían cun excelente balance de once medallas.

Os títulos de campións de España irían parar a Vicente Rioseco do Egovarros quen sobre a proba da milla acadaría igualmente un novo récord de España con 6:01.15 que engade ós seus importantes plusmarcas nacionais e mundiais.

Título de campión de España do mesmo modo para Rubén Diz do Ourense Atletismo sobre os 10.000 M40 cun crono de 31:44.89 que suma á prata da pista cuberta nos 3.000 m. deste ano. Pola súa banda suma e segue de títulos para Esther Pedrosa, quen cumpliría os pronósticos facéndose co título nacional de milla F55 logo de invertir un rexistro de 5:47.65. Pola súa banda Emilia Mesa do Ourense Atletismo na proba de pentathlon F65 de lanzamentos e con 3.156 puntos, completaría un excelente campionato que lle brindaría a posibilidade de aumentar o seu palmarés cun novo título a nivel nacional máis.

As medallas de prata serían para Javier Toro do Verxel Nutrición na Milla M60 con 5:24.21; Carlos Ferrer do Atletismo Narón no Pentathlon de lanzamentos M55 con 3.246 puntos, Xosé Luis Otero Cepeda da Universidade de Santiago nos 10.000 m. M65 con 39:14.21, Cristina Estévez do A.F. Celta no heptathlon M40 con 3.884 puntos e José Manuel Fernández do ADAS Proinor nos 10.000 m. M50 con 33:22.00.

Por último os dous bronces restantes chegarían de Carlos Almudí na M45 quen sumaría 2.407 puntos e Ana María Abuín da Atlética A Silva na F55, con 2.365.

Resultados Máster 2019

Resultados Combinadas 2019

Compartir: