Esta fin de semana contaremos con importantes citas que marcarán a axenda deportiva tanto no sábado como no domingo.
Para comezar, Castellón acollerá o Campionato de España Universitario á que acude un importante número de atletas galegas/os que durante os días 4 e 5 tomarán parte nas distintas probas do calendario oficial. A nosa representación estará dada polas tres universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago e Universidade de Vigo) á que se lle sumarán aqueles atletas que se atopen en situación universitaria nas distintas entidades educativas do Estado.
O obxectivo pasa por intentar mellorar, ademáis de rexistros persoais, as sete medallas logradas o ano pasado en Andújar.
Ferrol sede de clubs
Por outra banda as pistas ferrolás da Malata, serán sede da disputa do XXXVI Campionato de Galicia de Clubs Sub16/Sub20 o domingo día 5 de maio a partir das 10:15 horas. Nesta importante cita autonómica xuntaránse a nada menos que 45 clubs cun número de atletas que superará os 1200 o que a confiren como unha das máis importantes citas en canto a volume do ano.
Entre os clubs participantes na categoría Sub20 compre salientar a presenza do C.A. Santiago en homes e da Gimnástica de Pontevedra en mulleres, gañadores/as da edición do ano pasado quenes intentarán reter o título logrado en Bastiagueiro. Atención ós equipos do AVA, Escola Atlética Lucense, ADAS Proinor, Ourense Atletismo e A.F. Celta con serias opcións de podio.
No campionato Sub16, o atletismo lucense loitará por manter o protagonismo colleitado no 2018 na que tanto o Franciscanos de Lugo na categoría feminina (que nesta edición non toma parte) como a Escola Atlética Lucense na masculina lograrían sendos títulos. Como xa fixeran hai un ano o Millaraio, Ourense Atletismo, C.A. Sada, ADAS Proinor, Lucus Caixa Rural e Real Club Celta poderían estar na loita por esas primeiras posicións.