Resultados

Galicia acude ó nacional de Combinadas

A Selección Galega de probas combinadas acudirá o vindeiro día 18 e 19 de maio a tomar parte, na localidade murciana de Alhama, ó Campionato de España de Federacións Autonómicas logo da súa clasificación por estadillo.

O Combinado galego formado por Alicia Merino, Adolfo Sainz – Maza, Andrea Reija e Yago Boleas teránse que enfrontar ás federacións de Cataluña, Valencia, Castela – León, Madrid, Canarias e Andalucía.

Lembramos que a última participación da selección sería en Ciudad Real no 2017, onde ocuparía a sexta posición.

Compartir: