Un ano máis o Campionato de Galicia de Maratón, que se desenvolveu conxuntamente co Maratón Atlántico e a Carreira de 10 km., xuntaría a un importante número de participantes que tomaron as rúas do concello da Coruña para poder disfrutar desta importante proba homologada do calendario federado.
O Concello da Coruña, que se envorcaría ca proba, montaría un importante despregamento de animación que dinamizaría varios dos treitos polos cales percorría a proba, e que foi moi do agradecer dos participantes.
A climatoloxía, que axudou na xornada, viría como os atletas africanos, Dominic Cheroques con 2:19:44 e Hossea Ruto con 2:19:58 acaparaban de maneira destacada as dúas primeiras posicións ocupando o terceiro lugar o portugués Carlos Costa que invertiría un rexistro de 2:24:26.
A nivel de campionato de Galicia o primeiro atleta que completaría a distancia sería o independente Miguel Penedo quen marcaría un rexistro de 2:35.35 e na que xunto a el estarían no podio o tamén independente Carlos Lorenzo con 2:35:41 e Esteban Díaz do Trieume As Pontes con 2:37:36
No tocante a categoría feminia novamente, como xa fixera nos anos 2015 e 2016, Charo Figueroa do Atletismo Samertolameu proclamouse campioa galega marcando un rexistro oficial de 3:07:13. O subcampionato sería para Sara Pita de La Mochila del Deporte con 3:17:52 correspondendo o bronce para a independente Inmaculada Cortón con 3:28:49.
Por clubs masculinos o Campionato de Galicia iría parar as vitrinas do Atletismo Fene integrado por Jonathan Fernández (32º), Luis Pérez (27º) e Carlos González (82º). Atletismo Samertolameu e Club Deportivo Pinarium lograrían de igual modo, estar no caixón de premiacións. Na categoría feminina sería o Egovarros de Viveiro quen acadara o título autonómico con Susana Parguiña (170ª), Manuela Guisasola (166ª) e Isabel Brea (306ª) correspondendo o subcampionato para a Agrupación Deportiva Limiactivia
Por último sobre a distancia dos 10 km. os triunfos foron para Simón González con 32:14, e para a gañadora galega da maratón das dúas últimas edicións, Mónica Granero con 39:02, que desta vez quixo estar presente sobre esta distancia