Resultados

Sintético e asfalto marcaron a axenda

Esta fin de semana viviuse unha axenda repleta de campionatos nas que as/os nosas/os representates terían destacadas actuacións.

Para comezar en Burjassor disputouse o Campionato de España de Fondo en Pista – Trofeo Ibérico na que El Mehdi El Naboaui do San Paio A Estrada lograría un formidable subcampionato de España Sub18 sobre a proba dos 5.000 m.cun rexistro de 15:07.04. Non menos importante sería pola, súa banda, o tamén subcampionato de Tariku Novales quen sobre os 10.000 m. Sub23, tán so cedería ante o atleta catalán Oukhelfen, marcando finalmente un rexistro de 29:24.66.

Pola súa banda a lucense Sara López da Atlética Lucense faríase co bronce na proba dos 5.000 m. Sub20 logo de establecer un crono de 17:40.66.

Si todo esto acontecía en Burjassot a prácticamente ó lado, disputábase en Sagunto o Campionato de España de Milla en Ruta na que tamén de producirían destacadas actuacións galegas.

Para comezar a campioa nacional nas últimas sete edicións Solange Pereira non puido revalidar desta vez o titulo, ó ceder por dous segundos ante Cristina Espejo quen puxo fin a este impresionante palmarés da mundialista pontevedresa do Valencia Esports. Solange marcaría ó final un rexistro de 4:54. Xa na categoría Máster femeninia 60 medalla de bronce para a representante do + 9 Moraña Celina Rodríguez.

Campionato de Galicia de Maratón

Por último salientar que no campionato de Galicia de maratón desenvolto na Coruña este domingo o triunfo na categoría feminina correspondería a Charo Figueroa do A. Samertolomeu con 3:07:13 e a Miguel Penedo como independete con 2:35:35. Xunto ás gañadoras estarían no podio Sara Pita de la Mochila e Inmaculada Cartón así como Carlos Lorenzo e Esteban Díaz do Trieume As Pontes na categoríana masculina.

No resto de categorías os triunfos corresponderon a:

Máster 35. Charo Figueroa (Sammertolameu) Carlos Lorenzo (Indp.)/ Máster 40. Vanessa Rama (RB Pedro Nimo) e Diego González (C.D. Pinarium)/ Máster 45. Inmaculada Cortón (Indp.) e José Navarro (S.D.Barbanta)/ Máster 50. Jaquelina González (Limiactivia) e Santiago Vázquez (Riazor Coruña)/ Máster 55. Manuela Guisasola (Egovarros) e Emilio Martínez (Egovarros)/ Máster 60. Jose Angel Pita (Ind.)/ Máster 65.Isabel Brea (Egovarros) e José Luis Merodio (Lucus CRG)/ Máster 75. Antonio Cabana (Egovarros)

Resultados Burjassot

Resultados Sagunto

Resultados A Coruña

Compartir: