Resultados

A rúas de Compostela acollen o galego de milla en ruta

Rematada xa a tempada tanto de campo a través como de pista cuberta, o calendario de probas continúa avanzando cara ás grandes citas do ano. Unha delas corresponde ó XI Campionato de Galicia de Milla en Ruta que poderemos presenciar este domingo a partir das 10:00 horas na praza de Galicia de Santiago de Compostela.

A ela acuden un total de 232 atletas entre os que se atopan gran parte dos gañadores da edición do ano pasado neste escenario e que terían en Gonzalo Basconcelo e Raquel Meaños ós triunfadores absolutos. Ante a ausencia do atleta celeste, será o internacional Víctor Riobó quen asuma a condición de claro favorito, sendo a temán internacional Meaños a que conte con todas as papeletas para revalidar o seu título autonómico.

No resto de categorías Lucía Sicre do Ría Ferrol e o santiagués Diego Alonso parten como favoritos na Sub18. Elian Numa López do Coruña Comarca na Sub20 e Laura Santos do Lucus na Sub23 pechan a lista de atletas gañadores do ano pasado.

En canto ós/ás atletas Máster,  contarase ca participación dos/as actuais campións galegos entre os que atopamos a Natalia Lorenzo e Samuel Veiga do Milladoiro, Isabel Sáez do C.A. Estrada, Pilar Marquiz do C.A.Sada, Juan Gude do Lucus, Francisco Campos do A. Santiago, Saturnino González do Ourense e Domingo Alvarez do Egovarros. O subcampión de Europa Máster de pista cuberta nos 1.500 m. do ano pasado Javier Toro do Verxel Nutrición,  tamén estará presente na capital galega.

Compartir: