Resultados

Medallas para El Naboaui, Ben, Novales e os Sub23

Importante actividade atlética esta fin de semana na que os Campionatos de España tanto de Cáceres como de Valencia centrarían o interés no deportivo.

Cáceres tería actuacións desiguais para as/os galegas/os

Para comezar no Campionato de España de Campo a Través, unha potente selección galega Sub23 acadaría o subcampionato de España na que unha vez Adrián Ben lideraría o equipo impoñéndose na carreira individual e proclamándose campión de España nesta categoría. Non menos destacada foi a actuación de Tariku Novales quen colleitaría un formidable subcampionato nacional. Xunto eles tomarían parte neste importante éxito Fernando Rial, Ivo Maseda, Vicente Suárez e David de la Fuente.

No resto de actuacións a selección Sub20 feminina entraría en postos de finalista ó acadar a oita posición, a masculina Sub20 sería décimo terceira, e a absoluta masculina décimo quinta. A selección Sub23 e absoluta femenina, pasaríalle factura tanto a dureza do circuito como as altas temperaturas do día, quedando esta edición sen puntuar.

Un título nacional e tres récords galegos en Valencia

Noutro escenario de competición,  o nacional de pista cuberta Sub18 de Valencia, proclamaría unha vez máis a El Medhi El Naboaui como o gran protagonista logo de proclamarse campión de España nos 3.000 m. cun rexistro de 8:25.59 que ademáis representa un novo récord de Galicia.

Destacadas foron tamén as actuacións de Nerea Iglesias quen establecería un récord galego Sub18 nos 200 m. con 25.38 e de Jorge Román Leiros do Real Club Celta quen faría o propio nos 400 m. con 50.47. No resto de actuacións postos de finalista para Raúl Cortizo da Gimnástica na proba de altura con 1.92 m. e de Paula Piñón do A.F. Celta en peso con 12.86 m.

Resultados Campionato de España Sub18 Pista Cuberta 2019

Resultados Campionato de España Campo a Través 2019

Compartir: