Resultados

Cara ó nacional Sub18 de pista cuberta

Pouco a pouco a tempada de pista cuberta vai entrando no seu último treito de tempada, non sin antes disputarse o XLI Campionato de España Sub18 que este ano terá no Palau Velodromo Lluís Puig de Valencia a súa sede.

Ata el acuden un total de 770 atletas inscritas/os das/os cales 35 son da nosa comunidade.

O máis salientable correrá a cargo da santiaguesa do Fontes do Sar Nerea Iglesias, quen tomará parte nas probas de velocidade tanto dos 60 m. como dos 200 m. ás que acude con 7.79 e 25.39 respectivamete.

Nos 800 m. Carmen Victoria González da Atlética Lucense con 2:16.82 de aire libre e Irene Barreiro do Ria Ferrol con 2:18.61, serán as mellores posicionadas dunha proba que conta ata con sete galegas inscritas.

Continuando co medio fondo e fondo, Said Abdoun do Ourense Atletismo tomará parte na proba dos 1.500 m., malia que será nos 3.000 m. onde El Mehdi El Nabaoui do San Paio A Estrada, que ven de amosarse intratable no campo a través, contará con serias posibilidades de estar na loita polo título. Xunto ó da Estrada tomará parte tamén Hugo García do Real Club Celta, cuxo obxectivo será estar en postos de finalista.

Nos valos Belén García do ADAS Proinor, será quen tome parte nesta especialidade na que o ano pasado acadaría o subcampionato nacional Sub16.

Por último, nos concursos o atleta venezolano con licencia galega Miguel Angel Granado do Real Club Celta, tomará parte no lanzamento de peso na procura dun posto na final ó mesmo que a tamén celeste Paula Piñón quen se achega con 13.38 m. en aire libre.

Relación inscritos galegas-os no Campionato de España PC Sub18 2019

Compartir: