Resultados

Fin de semana de lanzamentos e campo a través

Fin de semana intenso o que vivirían as/os nosas/os atletas desprazados tanto ó Campionato de España de Lanzamentos Longos como ó Campionato de Campo a Través por Autonomías do CSD.

Ó primeiro deles que se desenvolvería en Xaén, acudiron algunhas das nosas máis prometedoras lanzadoras no que o máis importante sería a medalla de bronce de Andrea González da Gimnástica, quen na xavelina lanzaría no seu último intento ata os 50.78 m. pulverizando a súa MMP anterior de 46.93 m.

Pola súa banda Irene Gómez Costas do A.F. Celta, establecería un novo récord gallego Sub18/20/23 no concurso de martelo logo de lanzar ata os 55.06 m. e mellorar o anterior rexistro que ela mesma tiña en corenta e seis centímetros.

Xunto elas, tomaría parte no concurso de martelo Nacho Fernández do Playas de Jandía quen ocuparía un notorio cuarto posto con 58.07 m. e no que estaría acompañado por Carlos Revuelta do A.D. Marathon 6º con con 53.21 m. Víctor Gallego tamén concursaría no disco lanzando ata os 50.51 m., ocupando o noveno lugar.

Campionato de España Escolar de Campo a Través

Catro equipos desprazáronse este domingo ata Sevilla para tomar parte no Campionato de España Escolar de Campo a Través con resultados moi notorios.

Para comezar a nivel individual, destacamos a segunda posición El Mehdi El Nabaoui e o noveno posto de Esteban Basanta na categoría Sub18 o que daría, xunto o resto de integrantes, a 5ª posición por comunidades.

Tamén destacadísima segunda posición de Pedro Vázquez e quinto lugar de Antón Martínez na categoría Sub16, contribuindo a que a Selección lograra un meritorio cuarto lugar.

Na categoría feminina, a selección Sub16 logrou un noveno posto por conxuntos sendo Laura Carrecedo a mellor das galegas no posto 24ª. Por último o combinado Sub18 ocuparía un bo cuarto posto con Carla Guisande e Sara Prieto entrando entre as trece primeiras da proba.

Resultados Campionato de España de Lanzamentos Longos

Resultados Campionato de España de Campo a Través do CSD

Compartir: