Cinco serán as/os atletas galegas/os que esta fin de semana tomarán parte en Xaén no IX Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos.
Na categoría masculina contaremos co veterano capitán da Gimnástica Víctor Gallego, que estará no concurso de disco cunha MMT de 52.72. No martelo tamén estarán presentes nesta cita, Nacho Fernández do Playas de Jandía, gañador do pasado galego de lanzamentos longos e na que se achega con 62.54 m. Carlos Revuelta do A.D. Marathon, será o outro dos que tomará parte neste concurso onde ten acreditada unha MMT de 57.31 m.
Na categoría feminina, a Sub18 do A.F. Celta Irene Gómez Costas intentará mellorar ós seus 53.62 m. establecidos esta tempada o pasado día 10 de febreiro o que fan que encabece o ránking nacional da súa categoría.
Xa na xavelina Andrea Gónzalez da Gimnástica estará competindo por mellorar a súa MMT de 45.66 m. ca mente posta en rebasar a barreira dos 47 m. da que tan só lle separan 7 cm.