Resultados

Éxito das nosas lanzadoras e lanzadores nas súas citas nacionais

Extraordinario fin de semana o vivido nos Campionatos de España de Inverno de Lanzamentos Longos das categorías menores na que os nosos e nosas atletas colleitarían nada menos que un total sete medallas das cales dúas foron de ouro, tres de prata e dúas de bronce.

Comezando polos títulos nacionais, Irene Gómez do A.F. Celta lograría a medalla de ouro na categoría Sub18 logo de enviar o martelo de 3 kg. no seu cuarto intento ata os 59.12 m. (57.69/58.63/X/59.12/X/X) o mesmo que Antía Sestelo do Ría Ferrol, quen no concurso de xavelina Sub18 lanzaría no último intento ata os 47.74 m. (42.07/X/43.18/45.86/42.71/47.74)

Nicolás Ortega do Coruña Comarca, sería prata no concurso de disco Sub18 con 49.46 m. (X/X/X/49.46/47.95/48.88). Compartirían o mesmo metal Nicolás García do R.C.Celta en disco Sub20 con 60.16m. (55.10/60.16/57.59/X/X/57.38) o cal establecería un novo récord galego da súa categoría e Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol en xavelina Sub20 con 41.57 m. (40.99/41.24/41.57/X/X/40.27)

No apartado de bronces Eric Méndez do R.C. Celta sumaría o metal en martelo Sub18 con 58.18 m. no seu primeiro intento (58.18/X/56.49/55.68/X/X), estando acompañado nese mesmo caixón, pero no concurso de martelo (3 kg.)  Sub16, por Marta Neira do AVA, con 45.51m. (X/X/X/X/42.89/45.51) a catro centímetros da prata.

O resto de representantes galegos quedarían da seguinte maneira: Yago Araujo do R.C. Celta 6º en martelo Sub20 con 58.52 m.; David García do R.C. Celta 7º en martelo Sub18 con 53.06 m; Patricia Correa do A.F. Celta, 7ª en martelo Sub20 con 46.25 m; Laura Ricodo Ría Ferrol 5ª en xavelina Sub16 con 29.92 m.; Daniel Mato do Millaraio, 5º en xavelina Sub18 con 52.69 m; María Pena de A Silva 6ª en xavelina Sub18 con 42.68 m.; Jonatas Pereira do R. C. Celta 5º en xavelina Sub18 con 55.64 m.; Marcos Bouza do R.C. Celta 6º en disco Sub20 con 43.89 m.; Ainara Alejandre do ADAS Proinor 7ª en martelo Sub16 con 39.14 m.

6 medallas no nacional de lanzamentos longos Máster

Non menos importante sería a actuación dos nosos Máster quenes acudiron a cita do nacional Máster de Madrid, e na que Javier Cid proclamaríase campión de España no concurso de martelo Máster 40 con 49.96 m. efectuados no seu útimo lanzamento o que ademáis representa unha mellor marca do campionato (47.24/48.79/46.07/46.89/49.46/49.96).

Carlos Almudí  lograría o título nacional tanto no concurso de martelo Máster 45 con 49.43 m. como de martelo pesado con 13.96 m. establecendo en ambos casos sendos récords do campionato. Do mesmo xeito o seu rexistro no martelo pesado supón un novo récord galego da categoría que el mismo tiña con 13.57 m. Os seus concursos no martelo serían de (X/X/49.43/X/X/49.05) e no de martelo pesado de (X/X/13.47/13.96/X/13.80).

Jose Domínguez de A Silva sería outro dos medallistas de ouro no concurso de xavelina Máster 45 ó lanzar ata os 42.16 m. (42.16/38.28/X/38.13/38.26/37.65)

Por último excelente campionato de Ana María Abuín de A Silva, quen pola súa banda colleitaría as pratas en martelo Máster 55 con 26.27 m. (23.24/25.21/24.95/24.75/24.41/26.27) e de martelo pesado con 9.55 (X/8.60/9.19/8.11/8.99/9.55).

Resultados Máster Lanzamentos Longos 2019

Resultados Menores Lanzamentos Longos 2019

Compartir: