Resultados

Campionato de Galicia de lanzamentos longos

De novo as instalacións do CGTD de Pontevedra serán sede da disputa do Campionato de Galicia de lanzamentos longos que xuntará esta fin de semana, a preto de medio cento de lanzadores e lanzadoras no que supón os primeiros contactos oficiais importantes ca competición ó aire libre.

Malia ausencia de algúns e algunhas dos nosos lanzadores e lanzadoras de referencia, si estarán sobre o tartán pontevedrés atletas destacados entre os que cabe citar ó internacional Manuel Uriz quen fora campión de España no 2010 e que conta cunha MMP de 72.01. Xunto el compartirán protagonismo o campión mundial máster e campión galego absoluto, Nacho Fernández do Playas de Jandía en martelo. No concurso de disco figuran inscritos o atleta con máis campionatos de Galicia en activo Víctor Gallego quen estará acompañado polo campión de Europa máster en pista cuberta de disco e bronce de peso Javier Guzmán, ambos da Gimnástica Por último no concurso de xavelina feminino, especial atención a atleta internacional Sub23 Andrea González quen intentará mellorar a súa MMT de 45.66 m.

Relación de inscritos/as

Foto: Luis Tojal

Compartir: