Resultados

Remata o nacional absoluto con catro medallas e cinco récords.

Excelente fin de semana para o noso atletismo o vivido durante a disputa do LV Campionato de España en Pista Cuberta. Un total de catro medallas (un ouro, unha prata e dous bronces) así como cinco récords de Galicia, foi o notorio balance da actuación que os nosos e nosas atletas levarían a cabo durante este sábado e domingo nas pistas andaluzas de Antequera.

A imaxe do campionato é sen lugar a dúbidas as bágoas de ledicia de Leticia Gil acadando nada menos que cun salto de 6.25 m. (6.01/6.20/6.25/6.17/6.16/X) ao pulverizar o seu propio récord galego absoluto e o título de campioa de España da especialidade. Fantástico triunfo a da atleta de Valdeorras que continúa deste xeito ca súa impresionante progresión a base de esforzo e humildade.

Sen deixar de lado o concurso de lonxitude, non menos fantástico sería o comportamento da celeste Olaia Guisela Becerril quen iría ata os 6.10 m. establecendo con este marcón un novo récord galego Sub20 e Sub23 que sitúan á xoven valor do Celta, na cuarta posición do campionato nacional. Con estos rexistros a saltadora internacional sitúase decididamente entre a élite da especialidade.

Jean Marie Okutu, quen tamén tomaba parte en lonxitude,  marcharía no seu segundo intento ata os 7.68 m. que representan unha mellor marca da tempada nun concurso no que faría tres nulos (X/7.68/X/X/7.63/7.51) e que o levarían ata o quinto lugar da proba gañada con 7.99 m. por Eusebio Cáceres.

No triplo, e ante a ausencia da clara favorita Ana Peleteiro, a nosa representante Ruth Ndoumbe ocuparía o quinto lugar con 12.86 m. o oito centímetros da súa MMT (X/X/12.78/X/12.77/12.86).

Eva Queimaño do A.F. Celta sería a nosa única representante en combinadas ocupando posto de finalista no oitavo lugar con 3.389 puntos  (9.18/1.54/1.39/5.08/2:28.31)

Dando paso xa ás carreiras e comezando pola velocidade, Mauro Triana volveu dar novamente mostras da súa enorme calidade ó establecer xa nas semifinais un crono de 21.28 que representa un novo récord galego absoluto que mellora os seus propios 21.45 do ano 2016. Por si fora pouco, na final volvería a correr sobre este rexistro marcando 21.30 que o convertirían en subcampión de España da proba. O outro dos galegos que tomaba parte, Sergio Rodríguez do Coruña Comarca, marcaría en eliminatorias 22.10 malia que non lle permitiron acceder a unhas semifináis moi caras nesta proba. Mesma sorte correría na categoría feminina Nerea Iglesias do Fontes do Sar quen estivo mas marcas da súa tempada con 25.49.

Nos 400 m. excelente compartamento de Paula Iglesias do Riazor Coruña quen logo de pulverizar o récord galego absoluto fai unha semana con 54.02, volvería a marcar un notorio rexistro na final de 54.25 que lle brindarían un cuarto lugar.

Non menos destacado foi o rexistro de Raquel Meaños quen nas semifinais dos 800 m. establecía un crono de 2:07.74 que supoñen un novo récord galego Sub20 para esta importante mediofondista quen xa na final, repetiría o cuarto lugar acadado o ano pasado.

Solange Pereira foi novamente outra das medallistas galegas do campionato, acadando a prata nos 1.500 m. con 4:28.41 que fan sumar unha nova medalla máis a nosa mundialista con billeta xa para os europeos de Glasgow.

Sen movernos dos 1.500 m. Adrián Ben, en contínuo aprendizaxe e maduración en cada unha das carreiras, lograría nada menos que subir ó podio sobre o terceiro caixón, establecendo na final 3:42.49 os cales deberían confirmar a presenza do viveirense na cita continental de Glasgow.

Nos 3.000 m. Tariku Novales cumpliu de maneira notoria sobre a súa proba dos 3.000 m. onde se achegaba cunha MMP de 8:03.22 acadada este mesmo ano. En Antequera lograría 8:04.43 que o conducirían ata o cuarto posto do campionato.

Por último nos valados importante presenza de galegos e galegas cas actuacións de Miguel Pérez do Lucus (Sf3.6º con 8.49); Teresa Rodríguez do Riazor Coruña (El. 1.6ª con 9.12); Antía Martínez do Ría Ferrol (El. 4.4ª con 8.94) e Uxía Pereira da E.A.Lucense ( El. 4.5ª con 8.96).

Resultados

Compartir: