Emoción e espectáculo na Copa de Clubs

Chega este domingo á instalación cuberta de Ourense unha das competicións máis vibrantes e vistosas de cantas se poden disfrutar no calendario atlético de probas oficiais nesta tempada. A Copa de Clubs de Pista cuberta, da o pistoletazo de saída ás grandes citas por equipos que este ano terán por sede os principais escenarios galegos e que esta fin de semana xuntarán na cidade das Burgas, a un total de dezaseis equipos e a preto de 250 atletas na procura deste prezado título en xogo.

A priori na categoría masculina a Gimnástica de Pontevedra parte como claro favorito logo de impoñerse nas catro últimas edicións, aínda que haberá que agardar ó que faga o Celta quen xa desbancaría ós pontevedreses do título de aire libre do ano pasado. Da mesma maneira na categoría feminina serán as celestes as que partan con esa etiqueta de favoritas a expensas do que poidan facer Ría Ferrol, ADAS Proinor e Gimnástica de Pontevedra aspirantes claras ao podio e título.

A nivel individual contarase ca presenza de destacados atletas entre os que cabe citar a Javi Cancelas do A. Santiago e Nerea Iglesias do Ría Ferrol que tomarán parte nos 60 m. Elian Numa López, quen corre como filial do LUCUS, competirá sobre os 400 m. sendo o celeste Gonzalo Basconcelo quen o faga sobre os 1.500 m.  Alex Fernández do Ourense Atletismo, que sobre o asfalto ven de amosarse intratable, sairá nos 3.000 m, contando os concursos coas actuacións tanto de Anxo Blanco en Triplo como de Víctor Gallego en peso, ambos da Gimnástica.

No tocante a categoría feminina, Raquel Lameiro en triplo e Sandra Mosquera nos 3.000 m. competirán coa camiseta do ADAS Proinor, facéndoo coa do Atletismo Femenino Celta Eva Quimaño en altura,  Andrea Pais nos 200 m. e Alice Marie Genevieve nos 1.500 m.

Compartir: