Un total de 28 clubs tomarán parte na VII Liga de Categorías de Menores ABANCA que dará comezo o día 1 de decembro.
Como en edicións anteriores, esta Liga dividirase en fases previas clasificatorias que darán comezo o día 1 de decembro nos sectores de A Coruña e Pontevedra, para rematar o día 15 nun único encontro para os equipos de Lugo e Ourense. Nestas competicións tomarán parte equipos masculinos e femininos das categorías Sub10, Sub12 e Sub14 clasificándose de maneira directa para a fase final do vindeiro día 22 de decembro na pista cuberta de Ourense, os primeiros de cada encontro. As restantes cinco plazas con presencia na final se determinarán por puntuación contrastada cas marcas acadadas.
As formacións que participarán en todas as categorías serán o ADAS Proinor (gañador o ano pasado na categoría Sub10 masculina), Coruña Comarca, C.A.Cuntis, C.A. Millaraio (gañador no ano pasado da Sub14 masculina), C.A. Sada, Lucus Caixa Rural Galega, E.A. Lucense, Fontes do Sar, Ría Ferrol-Concepción Arenal, Sociedad Gimnástica de Pontevedra (gañador o ano pasado na Sub12 homes) e Ourense Atletismo formación esta quen defenderá os seus títulos Sub12 e Sub14 femininos.
A maiores tamén participan o A. A Estrada, A.D.Mazí, Marineda A., Riazor Coruña, Atlética A Silva, C.A. Cambados, La Purísima, Pinarium, Compañia de María, C.A. Narón, Atletismo Carballo, A. Vila de Cangas (gañador o ano pasado na categoría Sub10 feminina) , A.Viguesa de Atletismo, Real Club Celta, A.F. Celta, Noitebra e Franciscanos de Lugo.