Boas novas para a Pista Cuberta de Ourense

A Xunta de Galicia ven de aprobar a pasada semana un orzamento de 920.000 euros para ampliar a capacidade das bancadas da Psta Cuberta de Ourense, cuxo aforo chegará deste xeito ata as 1.500 persoas. Esta importante ampliación mellorará enormemente as prestacións do recinto atlético quen  poderá simultanear actividades deportivas con actividades feirais, e que lle permitirá ser escenario de competicións de rango nacional e mesmo internacional.  A consecuencia delo no ano 2020 Ourense será sede da disputa do Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta quen xuntará ós máis importantes especialistas do noso deporte baixo teito.

Compartir: