Bo papel esta fin de semana para os dous equipos femininos galegos Sub16 participantes na final B1 do XIV Campionato de España por Clubs que se desenvolvería en Xixón.
A esta cita acudurían as lucenses do Franciscanos quenes acadarían unha meritoria segunda posición con 10.368 puntos, polo non menos meritorio sexto lugar do outro equipo galego, o AVA cun total de 7.207 puntos.
Por parte dos Franciscanos as máis salientable serían os triunfos de Carmen Victoria González, sobre os 1.000 m., Anna Katharina Rausch sobre os 300 m. v. e de Catuxa Carreira sobre os 1.500 m. obstáculos.
Por parte das viguesas, bo comportamento das súas atletas a nivel colectivo na que destacamos o triunfo no concurso de martelo de Marta Neira.