Acábase de publicar a normativa de licenzas para a tempada 2018/2019, agardándose un incremento na tramitación das mesmas que continúe ca liña alzista dos últimos anos.
Como principal novidade para este ano, e no cumprimento da nova regulamentación europea de protección de datos de carácter persoal, establécese a obriga do asinado do consentimento de tratado de datos, requisito sen o cal non se poderá tramitar ningún tipo de licenza.
Outra das novidades importantes e da que xa viñemos informando, corresponde a caducidade das licenzas, que pasarán a ter unha cobertura de 14 meses (ata o 31 de decembro 2019). Con esta medida preténdese adaptar a vixencia das mesmas ó ano natural que se fará plenamente no ano 2020.
Por último a equiparación das cotas dos atletas individuais a do resto de federados constitúe outro apartado novedoso para esta nova campaña.
Licenza de clubs (modificacion de datos)
Licenza de clubs, adestradores, xuíces e atletas