Casi a piques de dar comezo o último mes da presente tempada, son varias as citas importantes que o calendario de actividades atléticas galegas ten pendentes.
Para comezar, a ferrolá Lucía Sicre tomará parte nan proba dos 800 m. nos Xogos Olímpicos da Xuventude que terá el lugar en Bos Aires do 11 ó 16 de outubro. A esta cita chega a xoven promesa como líder do ranking nacional cunha MMP de 2:10.63 logo de convertirse nunha asidua nas convocatorias internacionais nesta tempada.
O calendario electoral tamén contará no mes de outubro con datas importantes como son a elección a membros da Asemblea Xeral así como a presentación das candidaturas á presidencia e Comisión que lembramos rematarán no día 10 de novembro ca votación dos/as aspirantes da que sairá o novo/a mandatario/a do atletismo autonómico.
Seguindo con citas destacadas, tanto o Franciscanos de Lugo como a Agrupación Viguesa de Atletismo tomarán parte no Campionato de España por Clubs Sub16 Final B1 que se disputará en Gijón o día 6 de outubro xunto as formacións da Universidade de León, Ciudad de Lugones, Atletismo Santurtzi e Bidezabal , o que sen lugar a dúbidas constituirá un notable peche de campaña para estas dúas formacións.
En canto a probas en ruta a disputa da multitudinaría e clásica A Coruña 10 o día 7, constitúe unha cita obrigada para os amantes do pedestrismo. Xunto ela, o Medio Maratón de Pontevedra- Caixa Bank do día 21, representa outro importante reclamo para a cidade do Lérez o mesmo que a popular e xa tradicional Carreira do Correo Gallego que este ano cumple 41 anos. Xunto elas os Circuitos da Deputación da Coruña segue avanzando no citado mes e na que nos atoparemos ca XXXVI Carreira Pedestre da Amaía (6 de outubro), a V Carreira Popular Concello de Fisterra (14 de outubro) e a XIX Carreira Pedestre Popular Concello Ames (21 de outubro). Non menos importante son os Circuito de Corresán de Santiago ca súa Ruta da Prata – Angrois do día 13, ou a de Correndo por Ourense que se achega a Carreira da Carballeira o día 21.
As citas da IX Carreira Pinga a Pinga do día 6 en Marín; a IX Carreira Popular Concello de Xermade do día 13, o VIII Memorial Manuel Bergueiro da Estrada e a II Carreira Solidaria para as familias Desfavorecidas de Cambre, ambas no día 14 , así como a X Carreira Popular Arumes do Corgo – Memorial Quique Casanova do día 20, constitúen tamén unha oferta interesante para quenes gusten do asfalto.
Para rematar o XXIII Cros Escolar A.D.Castro – San Miguel do día 28 marcará o comezo da tempada de campo a través da nosa comunidade.