Co comezo do curso académico, arrinca a actividade un ano máis no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. A inesgotable canteira formativa de atletas galegos durante os últimos tempos, comeza esta nova andaina con importantes novidades con respecto a anos pasados.
Para comezar o pentaolímpico Frank Casañas será o encargado de asumir a coordinación do grupo de atletismo simultaneando as tarefas organizativas ca parcela técnica do mesmo. Xunto el, nesta última área, atópanse a tamén lanzadora internacional Loly Pedrardes, quen deixa de ser coordinadora para centrarse na parcela técnica así como Carlos Morales que do mesmo modo muda o papel que viña desenvolvendo brillantemente ó fronte da Dirección do ESGAMAR para enfocar o seu traballo cara tarefas más técnicas e formativas.
Noutro orden de cousas, e tamén a diferenza de anos anteriores, serán as especilidades de lanzamentos e marcha as únicas que operen durante este novo curso no CGTD.