Resultados

Paula Mayobre e Pedro Nimo dominaron o galego de 10 Km.

Pedro Nimo e Paula Mayobre convertéronse nos novos campións de Galicia de 10 Km. Ruta que no día de onte acontecería no Concello de Marín.

O campionato que se disputaría conxuntamente ca “Carreira +10 Marín Manuel Rosales Gran Premio Ence” levantaría moita expectación e interese o que faría posible que dende a línea de saida, tomaran parte máis de 700 atletas que se darían cita as 22:00 horas cara a liña da meta instalada na Alameda.

A cita, que se achegou a sua décimo primeira edición, vería como o compostelán Pedro Nimo, seleccionado para tomar parte no Campionato de Europa de Maratón, proclamábase campión galego cun rexistro de 30:58 sucedendo no palmarés ó anterior campión da edición do ano pasado en Padrón, Lolo Penas. Xunto ó atleta do Club 3RUN by PedroNimo entraría a 46 segundos no segundo lugar Esteban Iglesias do Lucus Caixa Rural, sendo o bronce para José Manuel Vieito do Club Atletismo SAR.

Na categoría feminia novamente Paula Mayobre do Clínicas Dental Seoane Pampin, como xa fixera o ano pasado, proclamaríase campioa galega con 33:19 (novo récord galego absoluto) poñendo un gran broche a súa excelente tempada. O subcampionato correspondería para Tina Fernández e o bronce para Esther Pedrosa, ámbalas dúas do Universidade de Santiago.

O resto de gañadores por categorías serían para:

Sub20 Jacobo Dopazo (C.A.Santiago) e Aida Martínez (ADAS Proinor)

Sub23 Jorge Puig (C.A.Santiago) e Inés Bereijo (Ria Ferrol-C. Arenal)

M35 Pedro Nimo (3RUN by PedroNimo) e Karina Callón (C.A.Sada)

M40 Juan Antonio Gude (Lucus Caixa Rural) e Ana María Alonso (Beade)

M45 Elias Salvador Domínguez (Miler Running Club) e Isabel Saez (CAI A Estrada)

M50 Carlos Adán (ADN Runners-Telmo Peluqueros FC) e Soledad Castro Soliño (Comesaña)

M55 Antonio Fuertes (R.C.Celta) e Esther Pedrosa 38.42 (record galego)  (C.D.Universitario)

M60 Antonio Fraga (A.Milladoiro) e María del Carmen Novo (Lucus Caixa Rural)

M65 Xosé Lois Otero (C.D.Universidade)38.02 (record galego) e Elvira Tresguerras (C.A.SAR)

M70 Adolfo Díaz (Veteranos Samil)

M75 Julio Cesar Constenla (Atenas Running Vda)

Resultados

Compartir: